Fai-se unha análise exhaustiva do estado xeral do cliente, incluindo as principais áreas cognitivas (linguaxe, memoria, orientación, atención, etc.), o estado de ánimo (se existen signos de depresión ou ansiedade), a contorna e outros factores que poidan estar influindo no desempeño cognitivo. Todas estas avaliacións realízanse con probas estandarizadas á poboación española e de uso común entre os profesionais sanitarios (co fin de comunicar os resultados de forma sinxela a outros profesionais que poidan estar prestando os seus servizos).
En función das demandas do cliente, confecciónase un plan de traballo que manteña activas as diversas áreas cognitivas. Este material é individualizado e personalizado. Ademais, as sesións lévanse a cabo cun profesional cualificado e con experiencia.
Plantexaríanse unha serie de actividades que a persoa maior sa ou con problemas congitivos pode realizar soa ou en compaña, co o obxectivo de maximizar a súas capacidades mentais.
Dende Valora, organizamos diversos cursos, charlas e seminarios sobre aspectos importantes relacionados co proceso de envellecemento: afrontar a xubilación, como ter un estilo de vida saudable durante a ancianidade, cursos adicados aos coidadores (formais e informais) que son as enfermedes neurodexenerativas, psicoloxía da ancianidade, talleres de relaxación para persoas maiores, etc.