Avaliación do estado cognitivo xeral

Fai-se unha análise exhaustiva do estado xeral do cliente, incluindo as principais áreas cognitivas (linguaxe, memoria, orientación, atención, etc.), o estado de ánimo (se existen signos de depresión ou ansiedade), a contorna e outros factores que poidan estar influindo no desempeño cognitivo. Todas estas avaliacións realízanse con probas estandarizadas á poboación española e de uso común entre os profesionais sanitarios (co fin de comunicar os resultados de forma sinxela a outros profesionais que poidan estar prestando os seus servizos).

Creación dun plan personalizado de estimulación

En función das demandas do cliente, confecciónase un plan de traballo que manteña activas as diversas áreas cognitivas. Este material é individualizado e personalizado. Ademais, as sesións lévanse a cabo cun profesional cualificado e con experiencia.

Deseño dun plan de actividades lúdicas con carácter rehabilitador

Plantexaríanse unha serie de actividades que a persoa maior sa ou con problemas congitivos pode realizar soa ou en compaña, co o obxectivo de maximizar a súas capacidades mentais.

Asesoramento a coidadores

  • Axuda á familia/coidadores para afrontar as condutas molestas ou disruptivas por parte dos pacientes (deambulación, gritos, choros, etc.).
  • Asesoramento nos trámites de solicitude de axudas: unha traballadora social experimentada asesorará e prestará soporte na solicitude das diversas axudas ás que a persoa e a familia poidan acceder.
  • Búsqueda de outros profesionais socio-sanitarios (persoal de enfermaría, fisioterapeutas, logopedas, etc.) que realicen o ser traballo no domicilio do cliente.
  • Apoio psicolóxico a coidadores: axuda para manexar o estres e o esgotamento que poden surxir no proceso de coidado de outro, apoio nas situación de depresión y/ o ansiedades, axuda para afrontar a enfermidade dun ser querido.
  • Organización de cursos

    Dende Valora, organizamos diversos cursos, charlas e seminarios sobre aspectos importantes relacionados co proceso de envellecemento: afrontar a xubilación, como ter un estilo de vida saudable durante a ancianidade, cursos adicados aos coidadores (formais e informais) que son as enfermedes neurodexenerativas, psicoloxía da ancianidade, talleres de relaxación para persoas maiores, etc.

    Pulse nos apartados para obter máis información de cada un deles.

    Este portal web únicamente utiliza cookies propias con finalidad técnica, no recaba ni cede datos de carácter personal de los usuarios sin su conocimiento. Sin embargo, contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas en las que usted podrá decidir si acepta o no cuando acceda a ellos. Con carácter general, si navega por internet usted puede aceptar o rechazar las cookies de terceros desde las opciones de configuración de su navegador. + info

    Entendido